InicioSociedadeNova edición de "Aperitivo Maridaxe" coa colaboración do Concello de Lugo

Nova edición de “Aperitivo Maridaxe” coa colaboración do Concello de Lugo

Esta actividade está incluída no programa Lucus In Vino Veritas 2021 e desde o Concello sinalan que se trata dunha oportunidade para dar a coñecer a cidade e os seus atractivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego,  Ana G. Abelleira, asistiu esta maña á presentación de ‘Lucus In Vino Veritas 2021’, para promocionar “Aperitivo Maridaxe” a actividade ca que colabora o Concello incluída no programa Lucus In Vino Veritas 2021, un evento diferente no que colabora o Concello de Lugo, con representación de adegas do territorio galego e con vinculación ás vías romanas, que terá lugar o próximo 5 de xuño no Atrio da Catedral de Lugo.

Á mesma acudiron o Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a Vicerrectora de Coordinación do campus universitario, Monserrat Valcárcel; Mario Vázquez Carballo, Deán da S.I. Catedral Basílica e Vicario General da Diócesis e Isabel Lozano, organizadora do evento.

O Concello de Lugo, colabora novamente con esta iniciativa, ao tratarse dunha oportunidade para dar a coñecer a cidade e os seus atractivos. Ana G. Abelleira aproveitou a ocasión para anunciar, “Aperitivo Maridaxe” a actividade gratuíta con prazas limitadas ata cubrir aforo na que “colaboramos dende o Concello e terá lugar nas instalacións do  CEI -Nodus este venres 4 de xuño ás 12:30 h e aproveito a ocasión animar aos amantes da cultura do viño e a gastronomía a que se inscriban” destacou a edil.

“Aperitivo Maridaxe”  será realizado por 5 Chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, que crearán 5 tapas especiais para o evento,  maridadas pola recoñecida catadora profesional Susana Barros. O servizo realizarase polos alumnos do CPR Fundación  Belarmino Fernández Iglesias.

A inscrición para ‘Aperitivo Maridaxe’ pode realizarse a través do seguinte formulario.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...