InicioCulturaUn novo museo en Monterroso amosará como se comerciaba no Antigo Réxime

Un novo museo en Monterroso amosará como se comerciaba no Antigo Réxime

O antigo centro de saúde será o lugar que acolla o centro de interpretación da vila, que tamén incluirá unha exposición con pezas recollidas durante 50 anos polo párroco Carlos Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O antigo centro de saúde de Monterroso será o lugar no que se cree un novo museo e centro de interpretación da vila que permitirá coñecer e divulgar como era a actividade comercial na Galicia do Antigo Réxime.

O Consello da Xunta de Galicia deu luz verde este xoves á sinatura do convenio de colaboración co Concello. O Goberno autonómico achegará 200.000 euros e, en virtude desta colaboración, facilitará que o Concello conte cun lugar para a exposición e posta en valor das pezas doadas polo crego Carlos Méndez e crear, igualmente, un Centro de Interpretación da Feira de Monterroso.

Durante máis de 50 anos, o párroco dedicouse a buscar, recoller e catalogar centos de pezas, algunhas encontradas por el mesmo, outras froito de doazóns e outras compradas e creou un museo persoal para que non ser perderan estas pezas.

O novo museo albergará restos históricos de diferentes épocas, algúns prehistóricos e  outros atribuíbles a diferentes etapas e movementos artísticos, e de moi diferentes temáticas, como culinaria, espiritual, festiva, artística ou documental, entre outras.

Este novo proxecto expositivo estará pensado para todos os públicos, incluíndo tamén os investigadores que poderán estudar pezas singulares de distintas épocas, así como visitantes e peregrinos do Camiño Francés, coa intención de dinamizar a súa experiencia.

Prevese que o novo museo estea situado no antigo centro de saúde, que dispón de tres  plantas que permitirían unha exposición permanente, exposicións temáticas, almacén, obradoiro de restauración e intervención das pezas que o necesiten ou un arquivo  documental.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...