InicioCulturaO Caudal Fest de Lugo vendeu 1.000 entradas nos primeiros 5 minutos

O Caudal Fest de Lugo vendeu 1.000 entradas nos primeiros 5 minutos

O primeiro bloque de entradas a 25 euros esgotouse a media mañá, cando se contabilizaron os 3.405 billetes para a xornada de pago do Caudal Fest de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta mañá vendéronse ás 1.000 primeiras entradas para o Caudal Fest, en tan só 5 minutos dende que se puxeron á venda, o que mostra o interese xerado por asistir a este evento, que reunirá o 21 e 22 de setembro en Lugo un cartel musical de primeiro nivel.

As seguintes entradas teñen un prezo de 30 euros (máis gastos de xestión) e a media mañá de hoxe xa se levan vendido un total de 3.405. Pódense retirar a través da páxina web do evento www.caudalfest.es e na plataforma oficial de entradas www.entradasatualcance.com.

Con esta iniciativa turístico cultural, o Concello de Lugo cumpre a débeda dun macrofestival urbano en Lugo, cunha programación moi coidada, pensado para varios públicos, de proxección internacional e de grandes dimensións.

O cartel inclúe a Vetusta Morla –que non visita a cidade dende 2011–, Mala Rodríguez, e unha nutrida representación galega con Iván Ferreiro –que xa estivo o ano anterior na Praza Horta do Seminario–, Novedades Carminha ou Andrés Suárez. Estes nomes garanten unha actuación do máximo nivel, en liña coa oferta de festivais que non para de medrar en Galicia.

O Caudal Fest está pensado para todo tipo de públicos. O festival desenvolverase ao longo de dúas xornadas, o venres 21 e o sábado 22 de setembro. O primeiro día será de balde, no corazón de Lugo, a Praza de Santa María; os protagonistas do venres aínda están por desvelar. O segundo día será de pago e terá lugar na contorna do Miño, un entorno que dotarase de servizos e converterá o Caudal Fest nun dos festivais urbanos con maior atractivo medioambiental.

Máis información nesta ligazón

 

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...