InicioCulturaA serie 'Premios Darwin' trae a Lugo unha mestura entre humor e...

A serie ‘Premios Darwin’ trae a Lugo unha mestura entre humor e morte

Codex Cinema proxectará este sábado, 1 de febreiro, os tres primeiros capítulos da serie creada por Carmen Conde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A serie ‘Premios Darwin fai un repaso polas mortes máis absurdas do país. E este sábado, primeiro de febreiro, chega a terras lucenses. A sala Codex Cinema acolle a presentación desta serie, que ameaza con facer rir a cachón.

Son tres capítulos escritos a partir de historias reais que chegaron a oídos da guionista, Carmen Conde. “Hai algunhas tremendas!”, contaba ela nunha entrevista a Lugo Xornal.Un humor que ten que ver coa morte é moi noso. Rendémoslle un culto especial, naturalizámola moito…. Somos xente así!”

A serie, creada ao abeiro de Tarabela Creativa, foi seleccionada nos XVIII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Toca agardar para saber se finalmente é candidata a un galardón pero, mentres tanto, este sábado 1 de febreiro, ás 22:15 horas, as lucenses poderán pasalo de morte…

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...