Antón Reixa é unha das persoas icónicas da música reivindicativa no noso país. Integrante dos Resentidos, ese grupo que impulsou musicalmente a mobilización dunha sociedade que espertaba logo dos anos escuros do Franquismo, Antón Reixa conversa sobre a proxima parada que fará no Festival de Pardiñas (Guitiriz) este domingo, 4 de agosto; sobre a música de hoxe en día, os seus plans de futuro e os recordos que garda da movida viguesa.
“Agora o politicamente correcto encorseta máis o ocio popular e a creación“, conta. Daqueles anos 80 da eclosión artística, quizais, habería que recuperar e traer ao presente esa “frivolidade que viña asociada á tolerancia, á liberdade de expresión e á sinceridade individual e colectiva”. Co pouso de levar case media vida no eido da música e da cultura, Reixa fala de seguido sobre que poderiamos recuperar daquel movemento punk tan rompedor. Eis a conversa.
PRÓXIMA PARADA: FESTIVAL DE PARDIÑAS
“Percorrendo as corenta edicións de Pardiñas podes ver a evolución da música popular en Galicia”
“O problema é que se concentra demasiado esforzo económico nos eventos grandes e se descoida a sostibilidade da industria musical de todo o ano”
“Recordo un concerto en Redondela no que só estabamos nós e miña nai”