InicioComarca de MeiraRibeira de PiquínA Deputación supervisa investimentos por 500.000 euros en Ribeira de Piquín

A Deputación supervisa investimentos por 500.000 euros en Ribeira de Piquín

Mediante o Plan Único e dun convenio de colaboración, a Deputación sufragou a adquisición de distintos equipamentos cun investimento superior aos 200.000 euros, distribuídos en varias anualidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca supervisou un conxunto de actuacións e dotacións públicas financiadas pola institución provincial en Ribeira de Piquín con máis 500.000 euros, tanto a través de varias anualidades do Plan Único, como de convenios de colaboración.

Tomei Roca estivo acompañado na súa visita pola Deputada do Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; e o Alcalde de Ribeira de Piquín e ademais Deputado de Recursos Sustentables, Roberto Fernández Rico.

O presidente destacou que estes investimentos da Deputación de Lugo na localidade responden “o compromiso de cooperación da institución cos concellos para que poidan ofrecer máis e mellores servizos e infraestruturas públicas aos seus veciños e veciñas, independentemente do lugar no que vivan, o que contribúe a fixar poboación”.

Unha dos investimentos realizados pola Deputación serviu para renovar parte do equipamento do Centro de Día do municipio. A través do Plan Único 2020, o Centro dotouse de electrodomésticos –lavadora, secadora, conxelador, cadeira de rodas, aspiradora– e outros aparellos para o correcto funcionamento deste servizo público por un importe de case 8.000 euros.

A institución provincial destacou nun comunicado que “o esforzo realizado durante os últimos anos” para lograr que esta dotación social “sexa hoxe unha realidade”, con máis de 300.000 euros destinados.

Ademais, a Deputación lembrou que mantén en vigor un convenio de colaboración para contribuír ao correcto funcionamento deste centro repartido en 4 anualidades (2020-2022), cun investimento anual de 30.000 euros.

NOVA MAQUINARIA MUNICIPAL E LUMINARIA LED

O presidente visitou tamén a nave municipal onde o concello dispón de maquinaria e de ferramentas de titularidade propia. Mediante o Plan Único e dun convenio de colaboración, a Deputación sufragou a adquisición de distintos equipamentos cun investimento superior aos 200.000 euros, distribuídos en varias anualidades.

Entre o equipamento adquirido, atópanse dous tractores –uno deles comprado grazas a un convenio de colaboración entre o concello e a institución ao que esta destinou 130.000 euros–. Tamén dispoñen de remolques, cisterna e outras ferramentas que utiliza o persoal municipal para a limpeza de vías e accesos e para o mantemento de zonas verdes e espazos públicos.

Unha maquinaria que permite que un gran número de actuacións póidanse desenvolver con medios propios, dando resposta ás necesidades que se dan nos diferentes puntos deste municipio da Montaña”, valorou Tomé Roca.

Ribeira de Piquín desenvolveu tamén durante os últimos anos un proceso de renovación de luminarias LED –para cambiar as lámpadas existentes por outras de baixo consumo–, amparado polo Plan Único nas últimas catro anualidades, ás que a Deputación destinou case 50.000 euros.

En total renováronse, como comprobou o Presidente da institución provincial, 400 puntos de luz en catro anos, o 80% dos que dispón o concello, e instaláronse 50 cadros eléctricos. A previsión do municipio, que tamén contemplará no Plan Único 2021 partidas para este fin, é que “este ano queden renovados o 100% das luminarias por outras de baixo consumo”.

“Esta decisión contribuirá a reducir nun 50% a factura da luz, ao mesmo tempo que se logra dotar de puntos lumínicos a zonas do concello que ata o momento carecían dunha iluminación de calidade”, informou a Deputación.

ÚLTIMAS

Altri sobre a súa planta en Palas: “non emitirá dioxinas nin será prexudicial para a saúde”

Greenfiber, do grupo portugués Altri, defende que a planta de fibras téxtiles que proxecta...

Cáritas advirte da existencia dunha “feminización da pobreza” na cidade durante o 2023

Cáritas Diocesana de Lugo alertou este xoves, durante o acto de presentación dos datos recolleitos...

Olano censura que Sánchez deixe a Lugo sen alta velocidade e “obrigue a Tomé a contar unha mentira que non cre ninguén”

O deputado por Lugo no Congreso Jaime de Olano censurou este xoves que o Goberno que dirixe Pedro Sánchez...

Un home acusado de abusar sexualmente da súa filla en Vilalba nega os feitos: “Nunca a toquei”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves a celebración do xuízo contra un...