InicioComarca de MeiraPolO PP de Pol acusa ao alcalde de cobrar dietas "de dubidoso...

O PP de Pol acusa ao alcalde de cobrar dietas “de dubidoso pagamento”

A voceira popular, Nicole Grueira, reclamou que o alcalde dea explicacións “dos conceptos que pide cobrar” xa que "hai dietas de dubidoso pagamento"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concelleiros do PP de Pol acusan ao alcalde, Lino Rodríguez, de usar “o Concello de Pol e os seus recursos económicos como o seu moedeiro particular”. Estas manifestacións dos ‘populares’ veñen logo de coñecerse que nas últimas semanas pasou Rodríguez pasou a cobro 3.813,17€ en concepto de dietas.

A voceira popular, Nicole Grueira, reclamou que o alcalde dea explicacións “dos conceptos que pide cobrar” xa que “hai dietas de dubidoso pagamento”. Grueira sinala que “os veciños de Pol non temos por que pagarlle ao alcalde as comidas con amigos que realiza noutros municipios”.

Grueira denuncia que “foi Lino Rodríguez o que levou ao Concello de Pol a unha situación de quebra técnica ao situar a débeda municipal por encima dos 5M€” e “semella que isto non foi suficiente xa que se permite o luxo de pasar máis de 3.500€ en concepto de comidas”.

O Concello de Pol non é unha caixa con fondos ilimitados para pagar os excesos e malas costumes do alcalde mentres os veciños e veciñas ven como non se lles prestan todos os servizos municipais correctamente ou como teñen que sufrir a diario pistas e camiños municipais totalmente estragados”, denunciou Grueira.

Os datos dos gastos coñecidos “son absolutamente escandalosos”, xa que Lino Rodríguez cargou ao Concello 3.813,17€ en dietas, dos cales 3.537,27€ corresponden unicamente a comidas. Entre as facturas destas comidas destacan gastos difíciles de xustificar, como unha factura de 628,20€ nun restaurante de Lugo.

O PP apunta que dentro dos gastos referidos por Lino Rodríguez tamén aparece unha factura dunha compra nun supermercado de Pol, así como outro gasto de 77,80€ correspondente á compra dun protector, funda, cargador e batería externa. “Agora non lle resulta suficiente con que todos os polenses lle paguemos as comidas, que lle temos que pagar que encha a neveira e que queira cambiar de teléfono e comprarlle todos os accesorios posibles”, criticou.

Nicole Grueira afirma que “o tempo de Lino Rodríguez á fronte do Concello de Pol hai tempo que chegou ao seu fin”, polo que “é necesario un novo rumbo político” que se preocupe de cubrir as necesidades básicas dos veciños e que continúan sen atenderse coa rapidez e os recursos que merecen. “A miña prioridade como alcaldesa será defender os intereses dos veciños e veciñas, non cargar gastos persoais ou dificilmente explicables ás contas municipais”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia ante Inspección a empresa onde morreu un mozo en prácticas en Vilalba

A CIG presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa de...

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

Queremos Galego denuncia o uso do castelán nun cartel en Lugo mentres o PP sinala que xa se fixo en anos anteriores

A plataforma Queremos Galego criticou publicamente ao goberno municipal de Lugo, liderado polo PP,...

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...