InicioComarca de MeiraMeiraComeza en Meira a obra de mellora dos accesos á Praza Maior

Comeza en Meira a obra de mellora dos accesos á Praza Maior

O alcalde e o presidente da Deputación supervisaron o inicio dunha intervención solicitada polos veciños e cun investimento de 125.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os veciños de Meira terán o acceso que merece o principal espazo público do lugar. Esta é a mensaxe que quixeron trasladar esta mañá o alcalde, Antonio de Dios, e mailo presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, coincidindo co comezo das obras na contorna da Praza Maior. Logo da reclamación dos veciños, o rexedor trasladou esta necesidade á instancia provincial, obtendo un acordo para financiar a intervención con 125.000 euros.

O obxectivo das obras é eliminar as barreiras arquitectónicas, renovar o firme circundante e garantir a accesibilidade mediante catro ramplas. Tamén están incluídos outros traballos coma a rehabilitación da pedra e das táboas dos bancos, a instalación de novas luminarias de baixo consumo, e a definición de prazas de aparcadoiro con espazos reservados para usuarios con mobilidade reducida e ambulancia.

Xunto coa supervisión do melloramento deste importante espazo de reunión, que acolle a tradicional feira quincenal e a sobranceira Festa da Malla, o máximo responsable da Deputación acompañou ao alcalde de Meira polos traballos nos núcleos urbanos periféricos. Unha partida provincial de 40.000 euros permitiu afrontar a reforma da Rúa da Balsa, das comunicacións con Riocabo, Vilar de Mouros, Irmia Alta e A Cova. Deste xeito, 150 veciños beneficiáronse dos labores de limpeza, pavimentado, sinalización vertical e instalación de tubaxe, coma é o caso das traídas de auga na Rúa da Balsa.

ÚLTIMAS

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...