Home Terra Chá A Pastoriza Un tremor de magnitude 3 sorprende a Meira

Un tremor de magnitude 3 sorprende a Meira

0
Un tremor de magnitude 3 sorprende a Meira
Tremor en Meira de magnitude 3

A estación sísmica da Pontenova, do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), detectou este venres un tremor de magnitude 3 localizado en Meira.

O sismo comezou ás 10.44 horas da mañá, e malia que pasou sen efectos que lamentar, sentiuse en diversos puntos da Chaira e na Terra de Miranda.

Durante o último mes, a provincia de Lugo rexistrou escasa actividade. Á parte do de Meira, unicamente hai constancia dun tremor en Navia de Suarna –concretamente na Proba, de magnitude 1.9 e 19 quilómetros de profundidade– e outro en Triacastela –de idéntica magnitude, a 12 quilómetros–.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here