InicioSucesosAuxilian un home que camiñaba descalzo pola estrada en Negueira de Muñiz

Auxilian un home que camiñaba descalzo pola estrada en Negueira de Muñiz

Un familiar do auxiliado se fará cargo del na Fonsagrada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil auxilia en Negueira de Muñiz un varon que camiñaba descalzo á altura do km. 11,700 da estrada Lu-P 3601.

Esta persoa veciña de Xixón (Asturias) de 37 anos de idade manifestou que saíu do seu domicilio o día anterior e que o seu vehículo quedou sen batería, polo que continuou a súa viaxe a pé en dirección á localidade asturiana de Santa Eulalia de Oscos.

Debido ao estado de hipotermia no que se atopaba, solicitouse ambulancia para o seu traslado a un centro médico para avaliar o seu estado de saúde.

A patrulla dirixiuse tamén á estrada LU-P 1910 onde foi localizado o vehículo desta persoa, coas luces acesas e as chaves no contacto. O coche foi trasladado á localidade da Fonsagrada, onde un familiar do auxiliado se fará cargo deste e do vehículo.

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...