InicioEconomíaO centro da provincia concentra os traballos de desbroce

O centro da provincia concentra os traballos de desbroce

A Deputación aprobou 300.000 euros para a roza en 22 concellos – Outra partida semellante servirá para rehabilitar estradas no Valadouro, Viveiro e Trabada

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno novas inversións por valor de 651.000 euros para melloras en estradas provinciais de 25 Concellos. Esta dotación procura mellorar os servizos públicos dentro da estratexia rural da Deputación de Lugo. 

Son case 350.000 euros os que o Goberno da Deputación destina á rehabilitación de 12 quilómetros de 6 estradas provinciais que discorren por 3 concellos da provincia. Concretamente son:

– 112.512 euros para acondicionar 4,4 quilómetros de 2 estradas no Valadouro: 1,8 quilómetros da estrada LU-P-1502, que vai de Burela por Villaestrofe a Ferreira, entre os puntos 18,2 e 20 e 2,6 quilómetros da estrada LU-P-6303, que vai de Campón, por Güín a Eixo de Moas, entre os puntos quilométricos 0 e 2,6.

– 107.650 euros para acondicionar 3 quilómetros da estrada LU-P-5506 de Augaxosa a Trabada, no municipio de Trabada.

– 127.197 euros para acondicionar 4,5 quilómetros de 3 estradas en Viveiro: 1,3 quilómetros da estrada LU-P-6601, que vai de Misericordia a Silvarosa, entre os puntos 0 e 1,3; 1,3 quilómetros da estrada LU-P-6611, que va de Magazos a Fontecoba, entre os puntos quilométricos 1,1 e 3 e 1,9 quilómetros da estrada LU-P-6613, que vai do Cemiterio Novo á Igrexa de San Roque.

O presidente da Deputación, Darío Campos, informou de que tamén se aprobou, con outros 303.800 euros, contratar os servizos de roza e desbroce de maleza de estradas provinciais en 22 municipios da provincia de Lugo, afectando ás comarcas centrais dos Ancares, A Fonsagrada, Lugo e Terra Chá, e en menor medida ás zonas septentrionais e meridionais. 

Estes son: A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz, Begonte, Castroverde, O Corgo, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Becerreá, As Nogais, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas do Sil, Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

O Presidente lembrou que durante as últimas dúas semanas, o Goberno da Deputación aprobou investimentos na mellora de estradas provinciais por valor de 2,5 millóns de euros, que se engaden aos aprobados na sesión de hoxe, sumando, no seu conxunto, inversións de 3,1 millóns de euros. 

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...