VÍDEO | Veciños de Vilar, en Baleira, comparten mensaxes de ánimo fronte ao coronavirus

"Atrás, coronavirus! Ou non ves a vara?", escribiu un rapaz no seu cartel. Outros fan un chamamento á responsabilidade cidadá cun "Pasa pra casa!".

Unha veciña de Vilar de San Lourenzo de Pousada (Baleira) amosa unha mensaxe de ánimo | Facebook

Veciños e veciñas de Vilar, en San Lourenzo de Pousada (Baleira), compartiron nas redes sociais un vídeo cheo de mensaxes de ánimo para facer fronte á corentena polo coronavirus. “Este ano brindaremos no San Lourenzo. Todo vai saír ben!”, pódese ler nun dos carteis que amosan.

Canda as mensaxes motivadoras, tamén aparecen outras que optan pola vía do humor: “Atrás, coronavirus! Ou non ves a vara?“, escribiu un veciño. “Temos defensas. Vas ter que marchar”, di o cartel dunha muller, rodeada de botes de lixivia e produtos de limpeza.

Tamén hai oco para facer un chamamento á responsabilidade, así que moitos dos carteis amosan un #QuedaNaCasa (ou “Pasa pra casa. Non ves o parte?“).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here