InicioEconomíaA Deputación aproba destinar 300.000€ a Taboada e Trabada para mellorar varias...

A Deputación aproba destinar 300.000€ a Taboada e Trabada para mellorar varias dotacións locais

A Xunta de Goberno deu luz verde a dous convenios de colaboración, un para financiar a renovación integral da Avenida de Lugo do concello taboadés e a urbanización dos accesos da capela de San Miguel, na parroquia trabadense de Vilapercide

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou destinar 300.000€ aos concellos de Taboada e Trabada para mellorar varias dotacións locais. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión semanal que deu luz verde a dous convenios de colaboración: un para financiar a renovación integral da Avenida de Lugo do concello taboadés e a urbanización dos accesos da capital de San Miguel, na parroquia trabadense de Vilapercide.

En Taboada, García Porto sinalou que a Deputación acordou co Concello facer unha achega de 250.000€ para colaborar cun proxecto que renovará a Avenida de Lugo, a antiga N-540. Unhas obras que cambiarán completamente unha das arterias do municipio, un dos principais accesos ó casco urbano e que canaliza boa parte do tráfico diario, conectando a vila con outras estradas comarcais.

Será unha renovación integral, que contempla a execución de beirarrúas, aparcamentos e pavimento da calzada. Ademais instalarase alumeado público, mobiliario urbano e humanizarase coa plantación de arborado. “Unha actuación que esperamos que teña un impacto importante en Taboada porque na avenida se concentran boa parte dos servizos, actividade comercial e movemento cotiá do concello”, valorou a Deputada.

Igrexa trabadense de San Miguel en Vilapercide

E no concello de Trabada a Deputación chegou a un acordo para financiar a urbanización e mellora dos accesos á capela de San Miguel, na parroquia de Vilapercide. Neste caso a Deputación de Lugo achegará a este concello mariñán 51.419,02€.

Un investimento que servirá para actuar de maneira integral no entorno do templo, renovando e asegurando este espazo mediante a construción dun novo muro de contención, con sistema de drenaxe para evitar os problemas de estabilidade e acumulación de auga. As obras incluirán tamén a restauración da fonte existente, a colocación dunha nova varanda de protección e a mellora estética e urbanística do entorno con acabados en pedra natural, reforzando a seguridade, a accesibilidade e a conservación deste enclave veciñal.

+ posts

ÚLTIMAS

O Vello Cárcere será declarado Lugar de Memoria Democrática

O portavoz do PSOE de Lugo, Miguel Fernández, confirmou este martes que O Vello...

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...