InicioMovementos sociaisLugo acolle este sábado a V Edición da Carreira e Andaina Solidaria...

Lugo acolle este sábado a V Edición da Carreira e Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esta madrugada pechouse con 450 persoas participantes a inscrición na 5ª edición da Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral, que vai percorrer a muralla romana de Lugo o domingo, 10 de maio. Todo un éxito de convocatoria para celebrar os 20 anos da asociación Dano Cerebral Lugo, que organiza o evento xunto coa Federación Dano Cerebral Galicia.

A proba deportiva será o domingo e conta con diferentes convocatorias: desde as 9:00 pódense recoller os dorsais, ás 9:45 sae a categoría absoluta, ás 11:00 as categorías Sub 16 e Sub 14 -conxuntamente, cun percorrido de 1.200 metros-, ás 11:15 saen as categorías Sub 12 e Sub 10 -tamén ao mesmo tempo, con 600 metros de itinerario- e, por último, ás 11:25, a categoría Pitufos (nenos e nenas nacidos a partir de 2019).

Cando rematen as carreiras terá lugar o acto de entrega de trofeos, nun podio localizado na Praza Maior, que tamén é punto de saída e chegada de todas as probas. Está previsto que realicen as entregas de trofeos, a partir das 11:30, a Directora Xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana Pérez; a xefa de tenda de Eroski Center A Milagrosa, Reme López; a presidenta, Ángeles Rozas, e outros membros da xunta directiva de Dano Cerebral Lugo; e o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández.

Por último, a partir das 12:00 sairá a Andaina que, con case 200 persoas, percorrerá a muralla romana desde a Praza Maior.

Hábitos saudables para a prevención do dano cerebral

A Carreira e Andaina é solidaria #PoloDanoCerebral, celebra os 20 anos de historia de Dano Cerebral Lugo, e pretende sensibilizar e promover uns hábitos saudables, entre os que se conta a práctica deportiva, para a prevención do dano cerebral adquirido, e especialmente do ictus, a súa principal causa. Calcúlase que o 90% de casos de ictus pódense previr cunha dieta equilibrada, sen sedentarismo, tóxicos nin estrés, e mantendo os controis médicos necesarios.

Por outra banda, a proba quere sensibilizar sobre a situación das persoas con dano cerebral adquirido e organizar unha actividade de ocio inclusivo, aberta a todas as persoas, con independencia das súas capacidades.

Apoios e patrocinios

As persoas inscritas na carreira e na andaina van participar no sorteo de tres agasallos doados por outras tantas entidades colaboradoras na actividade: un lote de produtos de Cafés Candelas, unha camiseta asinada polos xogadores do CB Breogán, e outra asinada polos membros do CD Lugo.

Dano Cerebral Galicia e Dano Cerebral Lugo contan tamén co apoio e financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, de Caixa Rural Galega e da Fundación José Otero – Carmela Martínez.

Colaboran ademais co evento diferentes organismos e entidades a través da cesión de materiais, patrocinios ou doazóns: o Concello de Lugo, Eroski, Toldos Gómez, Daveiga, e Ndorfina. 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

FACUA reclama que o SERGAS cubra de maneira “urxente” a praza de atención primaria en Navia de Suarna

Facua Galicia reclamou ao Servizo Galego de Saude (Sergas) a cobertura "urxente" da praza...