InicioLugo e contornaLugoPolicía Local e Nacional inspeccionan tres locais de ocio nocturno e levantan...

Policía Local e Nacional inspeccionan tres locais de ocio nocturno e levantan actas de denuncias

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local, en coordinación con axentes da Policía Nacional, levaron a cabo inspeccións en tres establecementos de ocio nocturno da cidade, localizados nas inmediacións da praza de Augas Férreas e da rúa Mariña Española, detectando en todos eles irregularidades de distinta gravidade. Os axentes procederon á identificación de 29 persoas, realizando unha acta-denuncia por tenencia de droga en establecemento público (cocaína).

No local situado canda a praza de Augas Férreas, os axentes comprobaron que o responsable do establecemento non puido acreditar no momento da inspección a contratación do seguro de responsabilidade civil obrigatorio, polo que se formulou a correspondente denuncia. Ademais, os extintores de emerxencia non se atopaban nun lugar visible nin accesible e presentaban a carga caducada, o que motivou unha segunda denuncia. Detectáronse así mesmo 4 traballadores que, nese momento, non puideron acreditar relación contractual en vigor coa empresa.

Na zona da Mariña Española, a inspección estendeuse a dous locais con resultados de carácter similar. Ambos foron denunciados por non acreditar ter concertado seguro de responsabilidade civil e por non acreditar a relación contractual dos seus traballadores; a maiores, un foi denunciado por ter os extintores caducados e carecer de botiquín, e o outro por non presentar a habilitación preceptiva o controlador de accesos.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...