InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaA eléctrica Viesgo di que os seus operarios tiveron dificultades de chegar...

A eléctrica Viesgo di que os seus operarios tiveron dificultades de chegar a zonas de avería pola neve

Asegura que ten a máis de 120 persoas traballando en Lugo para restablecer a electricidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa de suministro eléctrivo Viesgo asegura que, ante o temporal de choiva e neve que azoutou Lugo, conta con máis de 120 persoas operando na zonam para reestrablecer o suministro eléctrico nas zonas afectadas.

Nun comunicado, esta empresa di que levan traballando desde o domingo á primeira hora para minimizar o número de incidencias e solucionar as avarías canto antes. “Os nosos operarios atoparon dificultades para avanzar e poder chegar ás liñas danadas polo temporal, pero están a utilizarse todas as ferramentas e vehículos posibles para recuperar a subministración, incluíndo motos de neve e grupos electrógenos móbiles para dar subministración ao maior número de persoas canto antes”, apunta.

Actualmente, na zona de distribución de Viesgo en Lugo quedan 135 clientes sen subministración, que se atopan en Fonsagrada (30 clientes sen subministración) e Meira (105). A previsión é dar servizo ao resto de persoas afectadas ao longo do día de hoxe.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...