InicioAncaresNavia de SuarnaOs viños de "Terras do Navia" terán denominación de orixe

Os viños de “Terras do Navia” terán denominación de orixe

A IXP "Terras do Navia" porá en valor viños da Fonsagrada, Navia de Suarna e Negreira de Muñiz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta dá luz verde á indicación xeográfica protexida (IXP) “Terras do Navia”, unha denominación que ampara e pon en valor viños producidos en doce parroquias dos concellos lucenses da Fonsagrada, Navia de Suarna e Negreira de Muñiz.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde na que se acepta a solicitude de rexistro de ICP “Terras do Navia” solicitada pola Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e do Viñedo da Ribeira do Río Navia. 

O rexistro desta indicación xeográfica protexida basease nas características do produto, pois trátase de viños brancos e tintos frescos e suaves, con aromas florais e de froitas e cunha gradación alcohólica moderada. Ademais, tamén pon en valor a súa reputación no mercado galego e asturiano e ás características de produción vinculadas ao medio natural.

Ademais dos requisitos de produción e comercialización, a orde publicada establece que a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) se encarga da comprobación do cumprimento do prego de condicións da IXP “Terras do Navia”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...