InicioSociedadePiden atallar a sinistralidade na N-120, conexión entre o sur de Lugo...

Piden atallar a sinistralidade na N-120, conexión entre o sur de Lugo e O Bierzo

A estrada nacional N-120 de Mos a Toural dos Vaos rexistra o punto de maior risco de accidente de todo o Estado e alta densidade no tráfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Inma Aira – Xornal de Lemos | A vicevoceira do BNG, Olalla Rodil, reclamará á Xunta que se dirixa ao Ministerio de Fomento “para lle esixir a adopción de medidas que garantan a seguridade na N-120 ao seu paso polas comarcas de Lugo e Ourense”.

A estrada N-120, ao seu paso polas provincias de Lugo e Ourense, converteuse nos últimos anos nun dos puntos negros da rede de estradas estatal. A finais do pasado ano 2017 o programa europeo de valoración de estradas (EuroRAP) situou 14 quilómetros deste vial (entre os km. 535,2 e 549,5) como o punto de maior risco de accidentes de todo o Estado.

As curvas e a pendente da estrada así como a falta de mantemento e especialmente a progresiva degradación do pavimento levan provocado numerosos accidentes. Os máis recentes foron catro, en apenas unha semana, no tramo coñecido como as curvas de Abrence, no concello de A Pobra do Brollón. O risco aumenta exponencialmente cando se producen choivas, algo habitual no noso país.

A N-120 é unha vía de comunicación fundamental para as comarcas do interior do país como evidencia a intensidade de tránsito que rexistrou en 2017 con máis de 4.200 vehículos diarios.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...