InicioPolíticaO PP critica a "improvisación" do Goberno ante o derrube do viaduto...

O PP critica a “improvisación” do Goberno ante o derrube do viaduto da A-6, con retencións de horas

José Manuel Barreiro reprocha "unha falta de información tremenda" por parte do Ministerio de Transportes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz adxunto do Partido Popular no Senado e senador por Lugo, José Manuel Barreiro, cualificou de “improvisación” a actuación do Goberno tras o derrube do viaduto do Castro, na autovía A-6, a 500 metros do municipio de Pedrafita do Cebreiro.

Unha situación que está a provocar retencións para atravesar o Concello de Pedrafita, con colas de ata dúas horas, segundo denunciaron os transportistas de Aetram.

Barreiro reprocha “unha falta de información tremenda” por parte do Ministerio de Transportes. “Aquí houbo unha actuación de urxencia, unha actuación dun número importante de millóns de euros e que ao final non serviu para nada, tampouco sabemos nada”, reprobou.

O portavoz adxunto dos populares na Cámara Alta demandou que “o Goberno non só ten que axilizar os traballos, os problemas que está a provocar son francamente graves, ademais cun incremento nos custos no sector do transporte”.

“O Goberno ten que trasladar información, porque asistimos a un escurantismo enorme, que é o que estamos a vivir con este problema da autovía en Pedrafita”, queixouse José Manuel Barreiro. O pasado venres caía un terceiro van do viaduto tras tres días de traballos para botar abaixo este alicerce, o terceiro desde o derrube da ponte no mes de xuño.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...