InicioSucesosFerido un motorista en Lugo nunha colisión contra un coche

Ferido un motorista en Lugo nunha colisión contra un coche

O home foi evacuado ao Hospital Lucus Augusti (HULA) por unha ambulancia do 061.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un motorista resultou ferido nunha colisión contra un turismo en Lugo na mañá do pasado martes. O accidente tivo lugar na confluencia das rúas Ángelo Colocci e Lavandeira.

Segundo informa a Policía Local, o motorista quedou cunha perna rota. Tras unha atención no lugar, o home foi evacuado ao Hospital Lucus Augusti (HULA) por unha ambulancia do 061.

Noutra orde de cousas, a Policía Local informa de que o marte foron interceptados dous condutores que deron positivo en alcol. Ademais, detectouse a outros dous condutores que non contaban con carné vixente tras perder os puntos.

Por outra banda, o Grupo Operativo Nocturno da Policía Local identificou na noite do martes ao mércores a un home que ía pola rúa Concepción Arenal cunha bolsa de cannabis.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...