InicioSociedadeO Concello de Castroverde ten que fornecer de auga dúas casas polos...

O Concello de Castroverde ten que fornecer de auga dúas casas polos efectos da seca

As restricións aínda non son xeneralizadas, pero o alcalde incide na necesidade dun uso racional da auga.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aínda que a seca aínda non causou restricións xeneralizadas no Concello de Castroverde, os seus efectos si se deixan notar. Así, o consistorio ten que fornecer de auga a dúas vivendas na parroquia de Espasande, segundo dixo este luns o alcalde, José María Arias.

Aínda que a situación non é aínda grave, o municipio si ten “algún caso puntual” de necesidade de auga e advirte dos efectos que terá que esta situación se alongue. Arias puxo o acento en que “o normal é que en agosto non haxa restricións de auga porque a seca afecta, sobre todo, aos meses de outubro e novembro”. “Eu non lembro unha situación así”, confesou o alcalde.

Por iso, pediu á veciñanza que “deixe de lavar coches, de regar hortos porque non hai unha previsión de choivas para os próximos días”, indica. “As choivas que caian son para o campo, para fontes e mananciais non afectan para nada. Mentres non haxa choiva de moitos días, os mananciais en setembro e outubro van secar”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...