InicioSociedadeO BNG reclama ao Goberno "máxima axilidade" nas obras do viaduto do...

O BNG reclama ao Goberno “máxima axilidade” nas obras do viaduto do Castro

"Moito nos tememos que hai un pacto de silencio entre o PP e o PSOE para tapar as razóns polas que unha ponte tan nova se derrubou", sinala Rodil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG reclamou ao Goberno central “a máxima axilidade e rapidez” no desenvolvemento das obras que levan a cabo no viaduto do Castro, na autovía A6, tras o derrube en xuño dunha parte del “por causas que aínda hoxe se descoñecen”.

Foi a viceportavoz parlamentaria dos nacionalistas, Olalla Rodil, a que lembrou que a infraestrutura está inutilizada desde hai case tres meses, se ben é “estratéxica para o conxunto de Galicia, pero moi especialmente para a poboación de Lugo e tamén para os sectores económicos e produtivos do país”.

Estes, continuou, “están a sufrir un enorme prexuízo económico polo atraso nas obras”. Ademais, remarcou que “aínda están por esclarecer as razóns, as causas, polas que veu abaixo unha ponte que ten apenas 20 anos”. Esixen a este respecto que se acometan os estudos, as análises e as investigacións que procedan, ademais de auditar o resto de infraestruturas “que se atopen nunha situación semellante”.

“Moito nos tememos que hai un pacto de silencio entre o PP e o PSOE para tapar as razóns polas que unha ponte tan nova se derrubou e non arroxar luz sobre a responsabilidade que puidesen ter as empresas construtoras no sucedido”, sinalou Rodil.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...