InicioAncaresPedrafita do CebreiroTomé Roca, pregoeiro da Feira do Queixo do Cebreiro

Tomé Roca, pregoeiro da Feira do Queixo do Cebreiro

Destaca o bo facer dos produtores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, foi o pregoeiro da Feira do Queixo do Cebreiro que se celebrou o venres no Concello de Montaña.

O mandatario provincial valorou durante a súa intervención o traballo e bo facer dos produtores, os veciños e o Concello de Pedrafita do Cebreiro na recuperación do produto.  Ademais, recalcou que este percorrido, “de estar en desaparición a consolidarse como un produto recoñecido na gastronomía internacional“, define “moi ben” todas as potencialidades que ten o rural lucense.

Tamén asegurou que estas localidades presentan gran cantidade de “ideas, proxectos e recursos”. Por conseguinte, estes lugares necesitan “políticas públicas” acertadas como é o caso da creación do Centro de Atención a Maiores Manuel Villasol, aberto en Pedrafita pola Deputación de Lugo en colaboración co Concello fai menos dun ano.

+ posts

ÚLTIMAS

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...