InicioSucesosA neve obriga a embolsar camións e a suspender as clases na...

A neve obriga a embolsar camións e a suspender as clases na Montaña

Hai alerta laranxa por acumulacións de ata 20 centímetros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve xa fixo acto de presenza, nalgúns momentos de forma copiosa, na Montaña de Lugo e obrigou á primeira hora da mañá os axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil a “embolsar” camións na Autovía do Noroeste (A-6) na zona de Gomeán, así como a restrinxir o paso de vehículos articulados pola zona de Pedrafita do Cebreiro.

De feito, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a circulación estivo condicionada e restrinxida ao paso de vehículos pesados desde as 07:38 horas entre os quilómetros 430 e 438, ou o que é o mesmo, entre Pedrafita do Cebreiro e Doncos.

Así mesmo, quedou prohibida a circulación de vehículos articulados e camións na estrada autonómica LU-633, entre o quilómetro 0, en Pedrafita do Cebreiro, e o punto quilométrico 19, situado xa no municipio veciño de Triacastela.

Tamén se recomendaba precaución aos condutores para circular polo Alto do Faro, no municipio de Chantada, e pola zona de Oural, en Sarria, onde tamén nevou durante a noite e á primeira hora da mañá.

No Alto do Fiouco, entre Mondoñedo e Abadín, tamén se recomendaba circular con precaución por mor da reducida visibilidade e os fortes refachos de vento.

Ante este fenómeno meteorolóxico adverso, con posibilidade de acumulacións de neve de até 20 centímetros na Montaña de Lugo, a Consellería de Educación tomou a decisión de suspender as clases en toda a zona afectada.

ACONDICIONAMENTO DE ESTRADAS

A Deputación de Lugo traballa desde a pasada medianoite no acondicionamento de máis de 40 vías da súa titularidade en 12 concellos debido ao temporal de neve e choiva que afecta á provincia.

Coa finalidade de atender as incidencias ocasionadas polo mal tempo e garantir a seguridade viaria, a Deputación informou de que funcionan tres máquinas quitaneves e tres vehículos todoterreo con material de apoio nos municipios da Montaña e do sur de Lugo. En cada unha do resto de zonas está operativa unha máquina quitaneves e un todoterreo.

O presidente da Deputación, José Tomé, que dirixe a área de Xestión Territorial, informa de que “se está traballando coa maior celeridade posible” para “atallar os problemas que este temporal está a deixar nas estradas da provincia”.

“A maior dificultade agora mesmo está nas vías de Cervantes, onde as capas de neve superan os 15 centímetros, e tamén en Pedrafita do Cebreiro, onde xa se alcanzan os 10 centímetros”, esgrimiu. As vías afectadas pola neve están en Baleira, Folgoso do Courel, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo terá 50 aloxamentos para menores de 36 anos cun investimento de case seis millóns

O Consello da Xunta autorizou a licitación do contrato de execución das obras para...

Luz verde ambiental con condicións á cidade deportiva do CD Lugo en Outeiro de Rei

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental con condicións ao Plan...

Un petroglifo único en Europa sae á luz en Lugo: representa o fondo dunha cabana de 40 metros cadrados

Tras os traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta...

Xunta e Concello de Lugo analizan un proxecto mellorar o Campo da Feira de Nadela

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este luns coa alcaldesa de...