InicioLugo e contornaA Deputación prevé abrir o ano que vén dúas residencias máis de...

A Deputación prevé abrir o ano que vén dúas residencias máis de maiores

Estarán en Navia de Suarna e Rivas de Sil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo prevé para o próximo ano a apertura de dúas residencias máis de maiores nos municipios de Navia de Suarna e Ribas do Sil, que elevarán a seis desde o inicio desta lexislatura.

A portavoz socialista do executivo provincial, Pilar García Porto, tras a Xunta de Goberno, puxo en valor que “desde que se iniciou o mandato, en 2019, abríronse tres centros; na Fonsagrada, en Castroverde, e en Pedrafita e en tan só uns días vaise a inaugurar un máis, que será o centro de atención a maiores de Meira“.

Porto avanzou que “a previsión é que o próximo ano, en 2022, estean xa en funcionamento as residencias de Navia de Suarna e tamén de Ribas de Sil, ademais de seguir traballando nos proxectos que xa están en marcha como poden ser os de; A Pontenova, Portomarín, Guitiriz ou Becerreá, ademais do da Pobra do Brollón ou Ferreira de Pantón, entre outros“.

“No tocante a centros residenciais, o esforzo que se está facendo desde a Deputación ten continuidade este ano co de Meira, o próximo con dous compromisos máis e a partir de aí seguiremos abrindo aqueles proxectos que están en marcha e en función de como evolucionen os expedientes de cada un deles”, comprometeu. Pilar García Porto trasladou esta previsión, despois de dar conta da adxudicación “dun novo lote para dotar de equipamento ao centro de Navia de Suarna”.

Na mesma xunta de goberno aprobouse “un convenio de colaboración co Concello de Lugo e co colexio de enfermaría desta provincia, co obxecto de colaborar cunha achega económica de 15.000 euros para a realización e instalación dunha escultura conmemorativa do Ano Internacional da Enfermaría, unha escultura encargada a José Morais e que vai estar situada na Praza do Ferrol”, da cidade amurallada.

Por outra banda, García Porto subliñou que case dous meses despois dáse por rematado o programa ‘Coñece a túa provincia’, segundo ela “todo un éxito” no que participaron máis de 140 asociacións de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...