InicioAncaresAtopan aforcado o veciño de Navia de Suarna que levaba dúas semanas...

Atopan aforcado o veciño de Navia de Suarna que levaba dúas semanas desaparecido

Apúntase a un posible suicidio, pero seguen abertas todas as liñas da investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O veciño de Navia de Suarna desaparecido o pasado 29 de abril foi localizado falecido tras dúas semanas de procura infrutuosa coordinada pola Garda Civil. O alcalde de Navia de Suarna, Pepe Fernández, confirmou que o corpo do home, veciño da Ventosa, foi achado “a un quilómetro da súa casa, nun sitio bastante escondido, onde hai bastantes árbores”.

Tras implicarse a Garda Civil no rastrexo, por terra e aire cun helicóptero que mesmo tivo un contratempo, o corpo do home de 53 anos aparecía colgado nun “Barreiro” a un quilómetro de distancia da súa casa, nesa parroquia onde era o único habitante. Pola súa banda, o 112 confirmou que pasadas as 11,30 horas deste martes axentes da Garda Civil confirmáronlle o achado do corpo no lugar de Ventosa, pertencente á parroquia de Moia.

No operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, interviñeron os membros do GES de Becerreá e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá, A Fonsagrada e Pol, que axudaron nas tarefas de rastrexo e localización. O CIAE-112 tivo coñecemento da desaparición deste home de 50 anos, na noite do día 1 de maio, mediante a chamada de varios familiares. A partir de aí, a Garda Civil activou un operativo de procura, no que tamén colaborou Protección Civil de Cervantes e de Meira e a Unidade de Drones da Axega. Ademais, por parte do 112 tamén se avisou aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Padrón e á Asociación de Cans de Salvamento e Rescate de Ferrol e de Padrón.

INVESTIGACIÓN

O home apareceu “colgado”, indicou o rexedor, polo que, en principio, apúntase a un posible suicidio, pero están abertas todas as liñas de investigación por parte da Garda Civil que leva as pescudas. Pepe Fernández fixo referencia aos problemas de “saúde” do veciño, que padecía unha enfermidade mental. “Non se sabe o que lle pasou pola cabeza”, engadiu. “É unha situación desagradable e dura”, lamentou o alcalde.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...