InicioAncaresCervantesIniciativas do PSdeG para reclamar un Plan de Rescate das pallozas do...

Iniciativas do PSdeG para reclamar un Plan de Rescate das pallozas do Piornedo

O PSdeG criticou o "desleixo" do Goberno galego que, segundo dixo, "prefire mirar para outro lado" ante os problemas de conservación das construcións que, conforme sinalou, só conservan os muros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Socialista de Galicia presentará unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta un Plan de Rescate das ‘pallozas’ prerromanas, declaradas conxunto histórico artístico desde 1931 e ben de interese cultural (BIC) na década dos 90.

Así o avanzou este martes a viceportavoz socialista Lara Méndez, quen visitou estas construcións xunto ao alcalde de Cervantes, Benigno Gómez.

Na visita, Méndez urxiu ao Goberno galego a coordinación coa Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes un primeiro Plan de Rescate de dous anos de duración que inclúa un investimento de 500.000 euros para cada anualidade. A partir de entón, pide que se garanta unha partida anual de 50.000 euros para o mantemento e conservación destes bens.

A parlamentaria socialista lembrou que a Xunta ten a “competencia exclusiva” sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia segundo a Lei de Patrimonio Cultural, a pesar do que actualmente estes conxuntos só están a recibir axudas da administración provincial.

O PSdeG criticou o “desleixo” do Goberno galego que, segundo dixo, “prefire mirar para outro lado” ante os problemas de conservación das construcións que, conforme sinalou, só conservan os muros. Ademais, lamentou que teitos, orixinalmente de palla de centeo, están cubertos con chapa.

Lara Méndez lembrou que O Piornedo foi declarado ben de interese cultural nos anos 90, o que obriga á Xunta a asumir a conservación dun recurso turístico e patrimonial dun valor “inigualable”.

Estas construcións, ademais, foron declaradas conxunto histórico artístico en 1931, distinto que viu ampliado no ano 1971 coa declaración como paisaxe pintoresca da serra de Picos de Ancares, incluíndo os poboados de Vilarello de Donís e O Piornedo.

A socialista chamou a tomar medidas contundentes para protexer ese patrimonio histórico, cultural e etnográfico –composto por un total de 85 pallozas e 60 hórreos–, concretamente as do Pioernedo, que alberga 14 destas e 11 hórreos–, que é único en Europa e estase ” perdendo pola falta de mantemento”.

ÚLTIMAS

O ministro Hereu comparte a postura do PSdeG sobre Altri e avaliar o proxecto “en base a criterios técnicos”

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, afirmou este martes que a súa...

En Castroverde, Baleira e A Fonsagrada non se poden pedir citas para o pediatra ata abril

O BNG denunciou este martes a "falta de atención pediátrica" nos concellos lucenses da Fonsagrada, Baleira...

Zonas da Terra Chá, aínda alagadas tras o paso de Kirk, non puideron sementar a forraxe para as vacas

Unións Agrarias pide ao Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), dependente da Consellería do Medio Rural, que...

Diferenzas no goberno de Lugo ante a distinción de Rafael de Vega e Xesús Alonso Montero como fillos adoptivos

A proposta da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, de que Xesús Alonso Montero e...