InicioAncaresCervantesDenuncian que nenos de 3 a 10 anos teñan que convivir no...

Denuncian que nenos de 3 a 10 anos teñan que convivir no CPI de Cervantes

A Federación de Anpas de Lugo pide á Xunta que non elimine a aula de infantil e que non se discrimine ao rural como consecuencia dos recortes. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Federación de Anpas de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, denunciou o desmantelamento da unidade de ensino infantil do CPI de Cervantes, onde os nenos de tres anos terán que convivir con outros de ata dez anos.

Así, puntualizou que nese colexio quedan “catro nenos para infantil, hai previsión de que o curso próximo haxa outro catro ou cinco, pero quédannos catro e como son só catro non teñen dereito a un ensino de calidade”. “Pedimos á Xunta que rectifique, non se elimine esta aula e se descrimine positivamente ao rural. O rural hai que tratalo doutra forma”, sinala. 

Calvete subliñou que “se o colexio oferta ensino infantil ten que situalos e farano probablemente cos compañeiros dos primeiros cursos de primaria e sen especialista“.

“Entrarán nenos de tres anos que os metes con nenos de oito, nove ou dez anos. Non sabemos moi ben como van facer o agrupamento, terán que adaptarse e os primeiros días estarán a chorar, estarán a chamar ás súas mamás. É un prexuízo para os nenos de infantil e tamén para os de primaria, e pódense ver desatendidos”, augurou.

O que ocorre no CPI de Cervantes é só un exemplo, advirte, dos “recortes” que está a impor a Xunta de Galicia na educación, con especial afectación aos municipios do rural. Isabel Calvete avisou de que se rebaixará o número de profesores en primaria e secundaria de toda Galicia, e a falta de datos xa adianta que se reducirá en secundaria en 450 profesores o próximo ano en toda a comunidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...