Home Ancares Perde a vida un veciño das Nogais que se precipitou dende unha árbore

Perde a vida un veciño das Nogais que se precipitou dende unha árbore

0
Perde a vida un veciño das Nogais que se precipitou dende unha árbore
(Arquivo) GES de Becerreá

Un home de 62 anos perdeu a vida este xoves despois de caer dunha árbore nas Nogais. O falecido realizaba traballos forestais cando se precipitou, e foi atopado sen pulso por un veciño.

O accidente mortal produciuse arredor das 12.00 horas, tal e como informou a Axencia Galega de Emerxencias, na parroquia de Doncos, termo municipal das Nogais. J.M.G.G., de 62 anos, traballaba na leira de seu cando caeu da árbore.

Como recolle o GaliciaConfidencial, un veciño pediu axuda ao 112 Galicia logo de atopar sen pulso á vítima. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) desprazou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario, nun operativo no que colaboraron voluntarios do GES de Becerreá e axentes da Garda Civil.

Porén, o persoal do 061 tan só puido confirmar o falecemento do varón.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here