InicioAncaresIndurain volve aos Ancares nunha "maratón" aberta ao público

Indurain volve aos Ancares nunha “maratón” aberta ao público

Máis de 500 persoas rodarán ao carón da lenda gañadora do Tour.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 500 persoas están xa inscrutas para participar na segunda edición da Ancares Cycling Marathon, que se celebrará o domingo 7 de agosto nas estradas da comarca co apoio da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que abrirá, co dorsal número 1, ninguén menos que Miguel Induráin.

Ademais da presenza de ciclistas de toda Galiza, e doutros puntos do
Estado – Castilla y León, Asturias, Madrid, Cataluña, Euskadi, Navarra,
Aragón e Canarias, medra tamén a participación internacional con
inscricións de Suíza, Reino Unido, Irlanda ou Portugal.

A posibilidade de rodar a carón de deportistas como Miguel Induráin,
cinco veces campión do Tour de Francia, ou o triatleta Iván Raña,
campión do mundo de triatlón, é un dos grandes reclamos da proba, que se
presenta como unha plataforma de proxección da comarca dos Ancares como destino para o turismo deportivo.

Así, o deputado de Deportes Efrén Castro valorou “esta segunda edición como a consolidación desta proba, pola que apostamos coa vontade de poñer en valor as excepcionais condicións da comarca para o ciclismo;  de cara á organización de eventos deste tipo, cunha proxección mediática
importante, pero tamén de cara a reforzar Ancares como destino de rutas
e quedadas de afeccionados e afeccionadas durante todo o ano”.

A proba, organizada polo Club Cliclista Cidade de Lugo co apoio da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo, terá a saída e a meta en
Pedrafita do Cebreiro e pasará tamén polos concellos de Becerreá
, As
Nogais, Cervantes e Navia de Suarna. Haberá tres itinerarios, con distintas distancias e niveis de dificultade para facilitar a participación de persoas afeccionadas ao ciclismo de todas as idades e condicións físicas.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...