InicioA UlloaPalas de ReiNon sae adiante a iniciativa parlamentaria do BNG para frear a instalación...

Non sae adiante a iniciativa parlamentaria do BNG para frear a instalación de Altri en Palas

Esta iniciativa, presentada polo BNG, non saíu adiante ao contar cos votos en contra dos 'populares'. Nela tamén se recollía a necesidade de priorizar a defensa da calidade da auga e da actividade do sector do mar "diante de calquera outra que poida prexudicala".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia rexeitou este martes unha proposición non de lei que pretendía instar á Xunta a rexeitar a instalación de Altri na comarca da Ulloa e desenvolver accións para mellorar a calidade da auga na conca do río Ulla. Esta iniciativa, presentada polo BNGnon saíu adiante ao contar cos votos en contra dos ‘populares’. Nela tamén se recollía a necesidade de priorizar a defensa da calidade da auga e da actividade do sector do mar “diante de calquera outra que poida prexudicala”.

A deputada nacionalista Rosana Pérez foi a encargada de defender esta proposición non de lei, asegurando que son miles as persoas que critican e rexeitan o proxecto que a multinacional pasteira Altri trata de impulsar en Palas de Rei. Pero neste caso, ela quixo centrarse en como afectaría á ría de Arousa que xera “miles de postos de traballo”. “Á vista do rexeitamento social e os efectos que xeraría, propomos que a Xunta deixe de ser o principal comercial e case único desta industria contaminante e nociva para moitos sectores produtivos de Galicia“, reivindicou na súa exposición.

Por parte dos socialistas da Cámara, Xullo Ernesto Abalde referiuse aos actuais problemas de calidade da auga que hai na ría, sen que aínda Altri puxese en marcha a súa factoría. El lamentou que durante moitos anos o Goberno galego non fixese “ningunha actuación” para evitar esta situación. “A ría de Arousa xa ten problemas”, insistiu, urxindo medidas para mellorar a calidade da auga e a actividade marisqueira.

Gonzalo Trenor, do PP, lembrou a cantidade de postos de traballo que xeraría de forma directa e indirecta a planta de Altri e acusou ao BNG de utilizar “supostos informes científicos” para defender a súa postura en contra da multinacional da celulosa. Ademais, explicou que Altri só se instalará en Galicia se cumpre con todos os requisitos esixidos por lei, incluíndo a declaración de impacto ambiental favorable. Con todo, a proposición non de lei non foi aprobada.

ÚLTIMAS

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de...

PSdeG destaca 1.000 millóns en infraestruturas para Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, e a deputada...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade...

A Rede Museística, referencia do Estado en educación e investigación nos museos

'Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento...