InicioMedioambiente e PatrimonioControlado o incendio forestal en Palas de Rei logo de queimar 180...

Controlado o incendio forestal en Palas de Rei logo de queimar 180 hectáreas

O lume iniciouse ao redor das 5,30 horas na parroquia de Moredo e para o seu control mobilizáronse cinco axentes, 20 brigadas, seis motobombas, catro avións e catro helicópteros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural dá por controlado o incendio forestal rexistrado durante a madrugada deste domingo no concello lucense de Palas de Rei, cunha estimación provisional de superficie afectada que rolda as 180 hectáreas.

O lume iniciouse ao redor das 5,30 horas na parroquia de Moredo e para o seu control mobilizáronse cinco axentes, 20 brigadas, seis motobombas, catro avións e catro helicópteros.

A Consellería lembrou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...