InicioDeportesOs '21 do Camiño' cancelan o medio maratón Palas-Melide 2021

Os ’21 do Camiño’ cancelan o medio maratón Palas-Melide 2021

"Agardamos que, dunha vez por todas, poidamos volver vernos no 2022!", desexan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización do medio maratón Palas-Melide ‘Os 21 do Camiño’ vén de cancelar a edición do 2021 debido á “situación sanitaria”, que segundo indican nun comunicado, “non é a esperada para estas alturas do ano”. A decisión, explican, tomouse en coordinación cos concellos de Palas de Rei e Melide.

“Para nós é moi dolorosa porque se trataba dunha edición especial, xa que ían ser Os 21 do 21. Este é ano Xacobeo e, despois de todo o vivido, estabamos moi ilusionados por compartir outra magnífica xornada polo camiño de Santiago, pero a situación sanitaria non é a esperada para estas alturas do ano e decidimos cancelala incluso antes da data prevista de confirmación da proba”, sinala a organización.

“Non podemos garantir a saúde de toda a xente que forma parte dos 21 (corredores, voluntarios, organización, familiares, etc) e queremos pedir perdón”, proseguen no escrito. Ante esta situación, ofrecen ás persoas inscritas varias opcións: devolver a inscripción a quen o solicite antes de fin de ano (consulta@championchipnorte.com), gardar o dorsal para a edición 18/06/2022, ou devolver o dorsal una semana antes da apertura das inscricións da edición 2022.

“Agardamos que, dunha vez por todas, poidamos volver vernos no 2022!”, desexan.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...