InicioPolíticaAntonio Gato liderará unha opción independente por Monterroso

Antonio Gato liderará unha opción independente por Monterroso

O histórico alcalde socialista de Monterroso deixara a formación en 2018, intre no que se adiviñaba que continuaría por conta propia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Socialista dos de Tierno Galván, Antonio Gato militou durante catro décadas na formación pola que foi alcalde de Monterroso entre 1999 e 2015. Menos de medio ano despois de anunciar que abandonaba o Partido Socialista, confirma que liderará Independentes por Monterroso, de novo cuño, nos vindeiros comicios do 26 de maio.

Antonio Gato percorrerá unha vía paralela á do seu rival Suso Otero, outro histórico socialista que en 2015 lle arrebatou a alcaldía de Monterroso por Independentes Terras do Asma (INTA), as siglas do rexedor de Chantada, Manuel Varela. Otero, outrora subdelegado do Goberno, foi inhabilitado mentres ostentaba o bastón de mando e na actualidade volve a asesorar a Miguel Rico, sucesor no cargo.

Empurrado por “un amplo grupo de persoas” a presentar unha candidatura independente, Antonio Gato precisou que o proxecto nada ten que ver con outras iniciativas semellantes. “Non queremos saber nada desas candidaturas independentes que hai por aí adiante”, en referencia tanto ao INTA coma á opción auspiciada polo díscolo Manuel Martínez.

Despois de catro maiorías absolutas, Antonio Gato confía en que Monterroso valore “a xestión” feita no período en que foi alcalde. Sobre a saída do Partido Socialista, polo que foi parlamentario e voceiro provincial, evitou facer declaracións. “Non vou opinar sobre unha organización na que estiven corenta e tres anos, abonda con que se saiba que marchei desa organización”.

Rafael García encabeza a lista socialista

A marcha de Antonio Gato, voceiro do partido trala derrota electoral de 2015, precipitouse en setembro do ano pasado entre rumores de que a dirección procuraba un xiro na candidatura. O candidato será o actual Secretario Xeral da Executiva e coordinador comarcal, Rafael García. Militante dende comezos de século, o alcaldable traballa no servizo de emerxencias municipal.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...