InicioEconomíaMonterroso agarda 70.000 visitantes nesta Feira de Santos

Monterroso agarda 70.000 visitantes nesta Feira de Santos

Este xoves dende as 08.00 horas un milleiro de postos porán á venda os seus produtos na Feira de Santos de Monterroso, con 500 anos de historia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Feira de Santos ten unha enorme trascendencia histórica e cultural en toda a comarca da Ulloa, categoría que foi certificada coa declaración de Festa de Interese Turístico Galego en 2011. Monterroso recibirá a preto de 70.000 visitantes este primeiro de novembro, cun millar de postos que ofrecerán os seus produtos dende as oito da mañá.

A Feira de Santos é unha das máis importantes de toda Galicia na súa categoría, e conta con referencias escritas dende hai máis de 500 anos. A estrutura instalada canda a Casa do Concello albergará os postos con produtos de tempada, astañas, noces, carne, queixo ou mel. Nas rúas próximas ubicaranse os mercadiños de roupa e calzado.

E haberá outra zona adicada á artesanía e as antigüidades, amén do mercado gandeiro, con gando cabalar, porcino e lanar. Os asistentes poderán repor forzas nos lugares de venda do polbo e carne ao caldeiro. Todo un evento para a economía de Monterroso.

Diferentes autores afirman que na orixe da Feira de Santos podería estar o comercio do sal durante a Idade Media, arredor do cal se desenvolveron numerosas transaccións de gando, esencial en tempo para tarefas agrícolas e de transporte. A primeira constancia documental en referencia á feira data de mediados do século XVI, celebrando o seu quinto centenario en 2011.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...