InicioA UlloaCalculan a "avalancha" de visitantes á Feira de Santos de Monterroso en...

Calculan a “avalancha” de visitantes á Feira de Santos de Monterroso en máis de 20.000 persoas

Xa son máis de 500 feirantes os que confirmaron a súa presenza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de 20.000 persoas calcúlase que poderían darse cita na tradicional Feira de Santos, que se celebra en Monterroso o vindeiro luns 1 de novembro, festividade de Todos os Santos. A alcaldesa, Rocío Seijas, mostrou a súa satisfacción por que o evento se vaia a celebrar “con total normalidade”, aínda que haberá un reforzo de seguridade.

A falta de que poida incorporarse algún “feirante máis”, son xa máis de 500 os que confirmaron a súa presenza na feira, que se celebrará desde primeira hora da mañá do próximo luns.

En canto á “avalancha” de visitantes, que se adoita repetir ano tras ano, a alcaldesa de Monterroso estima que podería alcanzarse o número de anos anteriores, que roldaba os 20.000.

Finalmente, resaltou o “volume de negocio” que se xera nun só día e, aínda que non se atreve a dar unha cifra, si que aventura a que ese volume “será moi grande, e non só son os feirantes, senón o que se xera para a vila tanto no comercio, como na hostalaría”, concluíu Rocío Seijas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...