InicioEconomíaO alcalde de Palas de Rei estima que a fábrica de Altri...

O alcalde de Palas de Rei estima que a fábrica de Altri estea operativa en 2025

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña ve esta decisión "unha traizón da Xunta " cara á comarca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, estimou que a fábrica que Altri instalará neste municipio estea operativa en 2025, xa que se calcula entre “dous anos e dous anos e medio”.

Unha estimación que realizou despois de que a compañía portuguesa Altri decidira que instalará en Palas de Rei a primeira fábrica de fibras téxtiles de España coa que prevé captar fondos europeos Next Generation.

“Os prazos nos que nos movemos son de entre dous anos e dous anos e medio para que estea instalada. Agora hai que ver a localización definitiva dentro do concello porque non vai ser no polígono industrial”, puntualizou. Taboada incidiu en que “a superficie que se necesita é inmensa, é un proxecto encaixado fóra do parque empresarial, agora hai que ver autorizacións e os permisos necesarios para a súa implantación”.

Ademais, o rexedor adiantou que “hai un par de lugares que máis ou menos poderían valer” para emprazar a fábrica de Altri, aínda que lembra que “quen elixiu a localización de Palas de Rei foi Altri, dentro do compromiso da Xunta de que fóra na provincia de Lugo e Altri será tamén quen decida a localización máis conveniente no concello”.

Pablo Taboada sinalou que para dita planta “será necesario un mínimo de cen hectáreas e de aí para arriba”. “En Galicia non é fácil de conseguir esa extensión do terreo, cunha localización chaira e con boas vías de comunicación”, detallou. Serán 1.500 postos de traballo “directos” os que se creen e “mil indirectos”. “Vai ser un revulsivo non só para Palas de Rei senón para toda a comarca da Ulloa e para a cidade de Lugo”, sinalou.

“TRAIZÓN”

Unha localización de Altri en Palas de Rei que non gustou na Mariña, que confiaban en que a fábrica se instalase nesta comarca. Así o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, cualificou esta decisión de “unha traizón da Xunta de Galicia” cara á comarca.

“É unha traizón a unha promesa que fixo Feijóo, a un mandato do Parlamento galego que instaba a que preferentemente fora A Mariña a localización de Altri porque aquí está o eucalipto, aquí está a materia prima. O normal sería pechar o ciclo produtivo onde está a materia prima e ademais temos man de obra especializada”, afeou.

Cajoto anunciou que por parte da mancomunidade pedirán explicacións á Xunta de Galicia, por non acatar o mandato do Parlamento de Galicia que apostaba pola Mariña para o emprazamento de dita fábrica de fibras téxtiles que estará situada en Palas de Rei.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...