InicioSociedadeLugo detecta 111 novos positivos e mantén 31 persoas hospitalizadas

Lugo detecta 111 novos positivos e mantén 31 persoas hospitalizadas

Son dúas menos ca o día anterior. Nas UCI seguen ingresadas seis persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A escalada de novos contaxios diarios de Covid mantense en Galicia, onde se confirmaron, nas últimas 24 horas, outros 710 casos. Con todo, grazas ás altas epidemiolóxicas, segue caendo o número global de casos activos na comunidade, 382 menos que na última xornada. Tamén cae a presión hospitalaria, con 309 persoas hospitalizadas.

Segundo os datos feitos públicos este sábado pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas deste xoves), o número de novos contaxios creceu en todas as áreas, e en concreto en Lugo rexistráronse 111 positivos. Tendo en conta este dato e o de persoas que remataron a corentena, permanecen activas 1.235 infeccións (47 menos que o día anterior).

No que se refire á presión hospitalaria, Lugo segue mantense con seis pacientes en UCI (sen cambios) e 25 en planta (2 menos que o día anterior), co que queda con 31 persoas hospitalizadas totais.

Con respecto ás probas de detección do virus, ata agora realizáronse en Galicia 2.694.223 probas PCR (máis de 5.691 nas últimas 24 horas).  Segundo os datos publicados este venres polo Sergas, a porcentaxe de resultados positivos nas probas PCR practicadas ascendeu ata o 10,65 %, moi lonxe do 5 % que a OMS fixa como limiar para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...