InicioA UlloaA zona de Monterroso sufriu 23 terremotos no último ano, os tres...

A zona de Monterroso sufriu 23 terremotos no último ano, os tres máis grandes este mes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Eran as 02:28 horas deste martes, 21 de agosto. A terra tremou en Monterroso. Un terremoto de 4,1 graos de intensidade na escala Richter fixo saltar da cama a moitos veciños.

O Instituto Xeográfico Nacional confirma que o epicentro do sismo foi a 12 quilómetros de profundidade e sentiuse en varias poboacións da zona, como a localidade de Taboada, onde nunha escala de 1 a 10, percibiuse cun nivel catro. Afortunadamente non houbo nin danos persoais nin materiais.

O terremotou tamén se notou en Arzúa, Cacheiras, Chantada, Lugo capital, Santiago de Compostela, Sarria, Tui e Vilalba, de acordo á información recompilada polo Instituto Xeográfico Nacional.

Tres terremotos sentidos no último mes

No último ano, toda esta zona xa rexistrou 23 terremotos, aínda que só tres foron percibidos pola poboación e tiveron lugar nos últimos días: O 2 de agosto, o 10 de agosto e o que se produciu este martes.

Tras producirse o tremor, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu varias chamadas de veciños de Monforte, Guntín, Antas de Ulla, Cospeito, Oroso, O Saviñao e A Estrada, que aseguraron sentir como se movía o chan sen que se chegasen a producir danos persoais nin materiais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...