InicioSociedadeAsí será a nova normalidade en Galicia: uso de máscaras se hai...

Así será a nova normalidade en Galicia: uso de máscaras se hai menos de 1,5m de distancia e 100% de terrazas abertas

Os convivintes poderán ir sen máscara pola rúa, pero haberá que poñela se non son convivintes agás que a distancia sexa de 1,5 metros como mínimo.

PUBLICADA O

A proposta que Galicia defenderá no Consello Interterritorial de Saúde é que se retire a obrigatoriedade de máscara nos espazos exteriores con carácter xeneralizado, pero haberá que poñela cando non se poida cumprir a norma de metro e medio de distancia. Isto implica que, a xente, terá que estar pendente en todo momento, de se cumpre esta distancia para poñer ou non a máscara, especialmente, nas cidades. Tamén será necesario o seu uso en terrazas –salvo no momento do consumo– ao non poder manterse esta distancia entre persoas, pero non, por exemplo, nun paseo entre convivintes. Na súa comparecencia, tras reunirse na pasada xornada o comité clínico, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, queixouse de que o Goberno non informase do seu plan nas comunidades, e defendeu que a proposta de Galicia é “clara” e “sólidamente construída” en base a criterios médicos, aínda que matizou que se modificará se así o esixe un real decreto do Executivo estatal. No caso dos concellos con nivel máximo de risco (máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes) –neste momento non hai ningún en Galicia– habería que manter a máscara no exterior. E Feijóo remarcou que “será obrigatorio”, en todo caso, levala “sempre encima”. “Formará parte das nosas pertenzas obrigatorias”, sentenciou. Do mesmo xeito que no caso dos aforamentos, a idea é que a norma entre en vigor –neste caso haberá que estar pendentes da decisión estatal, que podería modificar o plan da Xunta– desde este sábado. BARES, TERRAZAS E OCIO NOCTURNO O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores que Galicia dá un paso máis na desescalada fronte á pandemia cunha ampliación xeneralizada dos aforamentos en espazos e tamén para eventos. No caso do interior de bares e cafetarías manterase no 50%, pero ampliarase ata o 100% en terrazas se as mesas cumpren a norma dun metro e medio de distancia. Tras a reunión na pasada xornada do comité clínico, Feijóo ratificou que se permitirá pedir e servir nas barras dos locais da hostalaría, aínda que non se poderá consumir nas mesmas. Entre outras novas decisións, Feijóo tamén ratificou que a intención é que reabra o lecer nocturno desde o 1 de xullo, polo que, “por primeira vez en moitos meses” non quedará en Galicia “ningunha actividade completamente pechada”
+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

Proxección coloquio dos videoclips finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo este xoves no Pazo de San Marcos

A deputada de Cultura Iria Castro convida a asistir á proxección coloquio dos videoclips...

Lugo aproba os convenios para a renovación de Serra de Meira e de Fermín Rivera

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o convenio de colaboración...

Formación da Deputación ‘E para dixitalizarse, Lugo’: 3000 persoas pasaron por estas aulas

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entregou este mércores en...