InicioLugo e contornaLugoUn investigado na Pokémon e a súa nai aceptan seis meses de...

Un investigado na Pokémon e a súa nai aceptan seis meses de cárcere por ameazas a Pilar de Lara

Os feitos tiveron lugar cando os acusados atoparon a xuíza nun local e comezaron a increpala por xulgar ao fillo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un investigado na Operación Pokémon, Miguel García Gesto, e a súa nai, R.M.F., aceptaron penas de seis meses de prisión e 1.600 euros para evitar a privación de liberdade por un delito de ameazas contra a xuíza lucense Pilar de Lara e aos seus acompañantes.

As partes chegaron a un acordo na vista celebrada este mércores no xulgado do Penal número dous de Lugo, na que o fiscal pedía inicialmente tres anos de cárcere para cada un dos acusados por un altercado ocorrido na zona vella de Lugo en 2013.

Así mesmo, condénaselles por lesións e danos, 160 euros para un dos acompañantes da xuíza e 95 para outra amiga de Pilar de Lara, ademais da prohibición de que se acheguen á xuíza a menos de douscentos metros durante ano e medio.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o acusado e a súa nai cando se atopaban nun local en Lugo sobre a unha e media da mañá do 28 de agosto de 2013. Alí, coincidiron coa xuíza instrutora da Pokémon, causa na que García Xesto figuraba como imputado, e empezárona a increpar. O Ministerio público sinala que cando a xuíza abandonaba o local, o agora condenado e a nai encerelláronse nunha refrega con ela e cos que a acompañaban, recibindo un deles unha labazada.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...