InicioLugo e contornaUn total de 6.000 novos votantes de Lugo participarán nas Eleccións Xerais

Un total de 6.000 novos votantes de Lugo participarán nas Eleccións Xerais

En total serán máis de 58.000 os novos votantes en todas as provincias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Case 2,7 millóns de galegos e galegas están chamados a exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do 28 de abril, un total de 3.306 persoas menos que en 2016, segundo os datos facilitados polo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

En rolda de prensa, para informar da loxística que se despregará ese día, Losada explicou que, do total de electores, 58.093 son novos que poderán votar por primeira vez tras cumprir 18 anos. Deles, máis de 6.000 son da provincia de Lugo. O resto, 24.000 corresponden á provincia da Coruña; máis de 22.000 á de Pontevedra e preto de 6.000 a Ourense.

Mentres, un total de 6.915 axentes –3.904 da Garda Civil, 2.039 da Policía Nacional, 831 da Local e 141 da Policía Autónomica– encargaranse de velar pola seguridade nunha xornada na que en Galicia haberá 3.956 mesas electorais distribuídas en 2.416 locais de votación. Neles, instalaranse case 8.000 urnas e ao redor de 4.000 cabinas.

DEPUTADOS E SENADORES

Losada precisou que o 28 de abril son, en total, 2.698.525 as persoas que están chamadas a votar, das que son residentes en Galicia 2.240.616 e 457.909, no exterior.

Cos seus votos, elixirán a un total de 23 deputados e deputadas: 8 na Coruña, 7 en Pontevedra, 4 en Lugo e 4 en Ourense. Tamén elixirán a 16 senadores: 4 por provincia, á marxe dos senadores elixidos por designación autonómica. En total proclamáronse 49 candidaturas ao Congreso e 47, ao Senado.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...