InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo renova nun 85% a súa lista e incorpora...

O PP de Lugo renova nun 85% a súa lista e incorpora a varios cargos da Xunta

Só repiten o actual portavoz, Antonio Ameijide, e Manuel López.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Lugo, Ramón Carballo, acompañado pola presidenta provincial, Elena Candia, presentou este luns a lista para as eleccións locais do próximo 26 de maio, unha candidatura na que só repiten en postos de saída o actual portavoz municipal, Antonio Ameijide, e o edil responsable de medio rural, Manuel López.

O número dous da lista é para a médica de Familia María del Carmen López Silva, que exerce no centro de saúde da Praza do Ferrol; mentres que o tres é para Antonio Ameijide e o catro para a responsable do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos e profesora universitaria, Beatriz Isabel Vázquez.

O número cinco da lista é para Manuel López, responsable da zona rural no grupo municipal do PP desde o ano 2007; mentres que o seis é para Sagrario Sánchez Ramil, xefa da área de administración CIFP As Mercedes; e o sete para Óscar Poy, traballador da industria alimentaria.

Javier Vázquez Prado, profesor no Colexio dos Salesianos e coordinador da mesa sectorial de Educación do PP, ocupa o posto número oito; mentres que a xefa territorial de Política Social, Cristina Abades, incorpórase no nove da lista; e o xefe de servizo de Industrias Agroalimentarias de Medio Rural, Rafael Manuel Pérez, vai no dez. A socióloga Mar Carballas vai no posto número once da lista, mentres que o avogado Agustín Francisco Pérez-Batallón incorpórase á candidatura no doce. Marca unha hipotética maioría absoluta, no posto número trece, a avogada Eugenia Biscaíño.

Completan o lista Ángel Trabada, Lucía Díaz, Alejandro López-Boado, Carlos Vázquez Pena, Gloria Enríquez Sanjurjo, Zoila Mariña Sánchez, Mauro Rodríguez Valiña, Lorenzo García, María Cristina Cadórniga, Sofía López Linares, Luís Asorey e Mari Teijeiro.

RENOVACIÓN

O propio candidato, que fixo públicos os nomes desa lista nun acto con militantes e simpatizantes do Partido Popular na sede provincial, precisou que a renovación da candidatura alcanza unha porcentaxe do “85%” en relación coa presentada pola formación política nos anteriores comicios municipais.

En declaracións aos medios de comunicación, o candidato dixo que presenta a estas eleccións “un grupo gañador”, formado por persoas con “experiencia e prestixio profesional”. Ademais, aclarou que a lista está integrada “por independentes, afiliados de toda a vida e colaboradores“, ademais de precisar que se trata dunha candidatura “equilibrada entre homes e mulleres” e cunha media de idade de 45 anos.

A presidenta provincial do PP, pola súa banda, asegurou que a lista que hoxe foi presentada é “o equipo de goberno que terá o municipio de Lugo a partir do 26 de maio, con Ramón Carballo como alcalde”.

Do candidato, destacou “a capacidade de contaxiar ilusión, a sinxeleza e a honradez”, mentres que da lista mencionou “a súa pluralidade”, o que a converte “nun fiel reflexo da sociedade lucense”.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...