InicioAncaresLugo en alerta por aviso de neve

Lugo en alerta por aviso de neve

A cota podería baixar aos 500 metros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo e Ourense están entre as 22 provincias estarán este venres en risco por neve, ondas e vento, nunha xornada con nevadas en zonas altas da metade norte peninsular, precipitacións que poderían ser localmente fortes ou persistentes no sur de Pireneos, área do Estreito e oeste de Galicia, e vento forte de poñente no litoral de Alborán.

Ademais hai rsico por fenómenos costeiros en Pontevedra e A Coruña. Nas vertentes atlántica e cantábrica occidental, así como na Andalucía mediterránea, espéranse ceos nubrados ou cubertos con precipitacións xeneralizadas, máis frecuentes no litoral oeste de Galicia e sen descartar algunha treboada ocasional.

Poderían ser localmente fortes ou persistentes no sur de Pireneos, área do Estreito e oeste de Galicia, mentres que serán máis débiles e menos probables no Cantábrico oriental, val do Ebro, este de Baleares e litoral sueste peninsular.

A cota de neve na Península estará no terzo noroeste entre os 500 e os 1.000 metros subindo durante o día a 800/1.200 metros; en Pireneos entre os 700 e os 1.000 metros subindo a 1.200/1.600 metros; no sueste en 1.200/1.600 metros baixando a 1.000/1.200 metros e no resto de zonas 900/1.400 metros baixando a 800/1.200 metros.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...