InicioLugo e contornaLugoO Concello expedientará a oficiais da Policía Local por "insultar" a alcaldesa

O Concello expedientará a oficiais da Policía Local por “insultar” a alcaldesa

Foi no marco dunha reunión para reorganizar o servizo tras as prexubilacións de 26 efectivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo abrirá expediente disciplinario ante a actitude “inaceptable” de varios oficiais da Policía Local durante unha reunión coa alcaldesa, Lara Méndez, con motivo da reorganización de efectivos do corpo, tras as prexubilacións de 26 axentes.

O encontro finalizou sen resultado e con polémica, segundo relatou a propia Méndez en rolda de prensa, durante a que denunciou a actitude dos oficiais durante a reunión, na que se dirixiron “con insultos” aos representantes municipais. “Despois de interromper a miña intervención na que quixen expor a motivación e logo a proposta de reorganización, interromperon a miña intervención, e mesmo se dirixiron a nós con insultos”, asegurou.

Tras convidalos a “sentar” e “escoitar a proposta” do Goberno local, os oficiais abandonaron a reunión (primeiro un, e logo o resto). Foi precisamente no momento da “marcha” cando fixeron alusión ao documento de Relación de Postos de Traballo. “Todas as reivindicacións laborais son lexítimas pero o marco de debate e o diálogo”, matizou, e defendeu que a “reorganización” exposta non afecta os seus dereitos ” laborais”.

Finalmente, e ante esta actitude “intolerable”, o Concello “abrirá un expediente disciplinario aos asistentes á reunión” e continuará “coa reorganización prevista” de efectivos policiais. Pola súa banda, o director de Recursos Humanos, Emilio Martínez, precisou que dita “reorganización” consiste en “redistribuír efectivos entre as distintas quendas de traballo”.

“Priorizamos que sempre quede cuberto o servizo de atestados, e xa vos fixestes eco dos problemas que está a causar non ter este servizo durante as 24 horas do día”, comentou. Ademais, expresou que tentan darlle preferencia a “que sempre exista un número mínimo de patrullas na rúa, en coordinación coas patrullas que ten a policía nacional”.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...