Túnel do Medo: Domingo 1 novembro- 17:00 a 19:00 (público familiar) 19:00 a 21:00 (adultos) – Aparcadoiro Concello
O loito oficial decretado polo accidente ferroviario marcou a sesión plenaria celebrada este xoves na cidade de Lugo, na que os asuntos económicos centraron a orde do día. Os puntos tratados sometéronse a votación sen debate e quedaron para a próxima sesión as mocións, os rogos e as preguntas.
Entre os acordos adoptados por unanimidade figura a declaración de especial interese ou utilidade municipal da solicitude de licenza urbanística presentada por Gandaría Casa Curro SC para ampliar un cortello de vacún de leite, construír unha estercolera cuberta e instalar placas solares en Gundín-Benade, número 9.
Tamén recibiu o respaldo unánime o punto relativo ao pago de facturas pendentes, algunhas correspondentes a 2022, por un importe total superior aos 44.000 euros. A sesión abordou así mesmo varias modificacións orzamentarias. A transferencia de crédito destinada á primeira fase do Centro Deportivo Municipal de San Fiz, en Montirón, saíu adiante co voto en contra da oposición.
En canto ás operacións de suplemento de crédito, unha delas, por valor de 200.000 euros, contou co rexeitamento do BNG. A outra, por un importe de 3.626.650 euros, foi aprobada coa abstención desta formación. Esta última modificación orzamentaria permitirá financiar diversas actuacións en ámbitos como os servizos sociais, o patrimonio e as infraestruturas. A sesión desenvolveuse sen debate político, nun formato condicionado polo loito oficial, e deuse por terminado en cinco minutos.