Home Lugo e contorna Lugo Constituída a Mesa de Coordinación Policial polo Concello de Lugo contra a violencia de xénero

Constituída a Mesa de Coordinación Policial polo Concello de Lugo contra a violencia de xénero

0
Constituída a Mesa de Coordinación Policial polo Concello de Lugo contra a violencia de xénero
O Concello de Lugo constituíu a primeira Mesa de Coordinación Policial prevista no Protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de violencia de xénero (Viogén).
A Mesa está integrada polo equipo VioGén da Policía Local de Lugo, tamén asistiron por parte da policía nacional o xefe da brigada provincial da policía xudicial, así como o xefe da unidade de atención á familia e muller; por parte da Subdelegación do Goberno a xefa da unidade de violencia sobre a muller. Na xuntanza celebrada esta mañá acordouse volver a manter un novo encontro a principios de 2027 e incorporar á esta mesa de coordinación á policía autonómica así como a representantes do Centro de Información da Muller (CIM). Tamén se propuxo crear mesas intersectoriais coa participación dos servizos sociais.
A constitución desta Mesa dá cumprimento ao establecido no apartado IV, “Órganos de coordinación”, do protocolo promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio do Interior asinado o 13 de marzo de 2006. No caso de Lugo, a adhesión municipal formalizouse o 5 de maio de 2025. Coa súa constitución, o Concello de Lugo avanza na aplicación do protocolo e na colaboración entre os servizos responsables da protección das vítimas de violencia de xénero, cun obxectivo común: favorecer unha atención coordinada, eficaz e adaptada ás necesidades de cada caso.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here