Home Lugo e contorna Lugo Reunión entre Concello de Lugo e ASFEGA para estudar vías de colaboración

Reunión entre Concello de Lugo e ASFEGA para estudar vías de colaboración

0
Reunión entre Concello de Lugo e ASFEGA para estudar vías de colaboración
A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Política Social, Gustavo Díaz, mantiveron un encontro con representantes de ASFEGA, a Asociación Fenilcetonúrica e Outros Trastornos Metabólicos de Galicia, dentro da rolda de contactos coas entidades sociais da cidade para escoitar as súas propostas, coñecer o traballo que desenvolven e abordar posibles vías de colaboración.

 

Esta liña de traballo sitúa as persoas no centro da acción municipal e busca manter unha comunicación directa coas asociacións que acompañan e prestan apoio a diferentes colectivos e familias.

 

ASFEGA ten a súa sede en Lugo, desde onde organiza a distribución de alimentos baixos en proteínas ou sen proteínas para as persoas socias de toda Galicia. A entidade funciona como un economato, facilitando o acceso a produtos específicos que teñen un elevado custo no mercado e que son necesarios para persoas con determinados trastornos metabólicos.

 

A asociación conta con arredor de 220 persoas socias en Galicia e atende en Lugo entre 20 e 30 familias. Ademais da distribución de alimentos a prezos máis accesibles, organiza obradoiros de cociña para axudar ás familias, especialmente ás que afrontan un novo diagnóstico, a adaptar a alimentación ás necesidades dos seus fillos e fillas.

 

Durante o encontro, ASFEGA trasladou diferentes peticións relacionadas co financiamento da súa actividade, a cesión de espazos públicos para organizar eventos e a difusión das súas iniciativas, entre elas a súa participación en DIVERSIARTE.

 

A entidade recibe unha subvención municipal de libre concorrencia que este ano ascendeu a 1.700 euros e poderá beneficiarse do incremento das axudas previsto para o vindeiro exercicio.

 

Outro dos asuntos abordados foi a necesidade de contar cun espazo de almacenamento para os alimentos que posteriormente se distribúen entre as persoas socias. Neste sentido, o Concello colaborará coa asociación na procura dun espazo que permita facilitar o desenvolvemento da súa actividade.
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here