InicioSucesosIdentifican 8 persoas como autoras de delitos de estafa por unha fraude...

Identifican 8 persoas como autoras de delitos de estafa por unha fraude de 25.000 euros en Lugo

Os feitos delituosos comezaron cando a vítima recibiu unha mensaxe SMS que simulaba proceder da súa entidade bancaria e no que se lle informaba dunha suposta compra por importe de 5.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil identificou a oito persoas en distintas localidades de España como supostas autoras de varios delitos de estafa no marco dun operativo policial iniciado por mor dunha denuncia en Lugo, onde unha persoa foi vítima dunha fraude bancaria cun prexuízo económico final de 25.000 euros.

Ao oito identificados atribúeselles a utilización de técnicas de ‘smishing’ e ‘vishing’ para a suplantación da identidade corporativa de bancos, segundo o instituto armado. A denuncia que activou a investigación foi presentada no principio do ano en Lugo, na que se alertaba dunha presunta fraude deste carácter.

Os feitos delituosos comezaron cando a vítima recibiu unha mensaxe SMS que simulaba proceder da súa entidade bancaria e no que se lle informaba dunha suposta compra por importe de 5.000 euros. A mensaxe advertía de que, se non recoñecía a operación, debía contactar urxentemente cun numero de teléfono facilitado no propio texto.

“Alarmada polo importe, a victima chamou ao número indicado, contestándolle un suposto operador, que se identificou como membro do departamento de seguridade informática da entidade bancaria, comunicándolle que debía actuar con dilixencia para anular o cargo e bloquear as súas contas”, relata a Garda Civil.

Durante aproximadamente unha hora, os estafadores mantiveron á vítima ao teléfono e indicáronlle que accedese reiteradamente á súa aplicación de banca electrónica para, supostamente, “reverter a operación”, segundo os axentes. De forma simultánea, enviáronlle códigos de verificación e indicáronlle como proceder, “conseguindo que autorizase operacións fraudulentas crendo que estaba a cancelar unha transferencia”.

As xestións practicadas polos investigadores permitiron determinar que os autores realizaron operacións en distintos establecementos comerciais, o que supuxo un prexuízo económico á vítima de 25.000 euros totais.

Ante estes feitos, a Garda Civil lembra que as entidades bancarias non solicitan por teléfono nin mediante SMS as claves de acceso á banca electrónica nin os códigos de verificación dun só uso para autorizar operacións e recomenda contactar directamente coa entidade a través das canles oficiais. Ademais, insiste na importancia de denunciar as fraudes o máis axiña posible.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...