Home Deportes Máis de 100 aprobados nas probas físicas para o Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

Máis de 100 aprobados nas probas físicas para o Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

0
Máis de 100 aprobados nas probas físicas para o Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo

 

Un total de 104 aspirantes superaron as probas físicas do proceso selectivo para cubrir 37 prazas de bombeiro-condutor do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo. Os exercicios desenvolvéronse sen incidencias os días 14 e 15 de outubro nas pistas da Pinguela, en Monforte de Lemos, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, e desenvolvéronse sen incidencias.

Na primeira xornada, os candidatos realizaron probas de forza, con exercicios de press de barra, press de banca e unha carreira de 1.000 metros. O segundo día foi a quenda da proba de natación mixta, que incluíu exercicios de natación, mergullo e un simulacro de rescate.

Dos 136 aspirantes que se presentaron a esta fase, 104 superaron as probas físicas e poderán continuar no proceso selectivo. A convocatoria comezou en setembro cun exame teórico ao que se presentaron 233 persoas.

37 prazas para os seis parques da provincia

A convocatoria permitirá incorporar 37 bombeiros-condutores aos parques comarcais de Viveiro, Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos e Chantada. Do total de prazas, 26 son de nova creación e 11 corresponden a vacantes.

A distribución prevista contempla catro incorporacións en cada parque, agás nos de Vilalba e Monforte de Lemos, que sumarán cinco efectivos cada un.

O proceso continuará coas probas específicas da profesión

As persoas aspirantes que superen a fase física deberán realizar as probas físico-profesionais, destinadas a avaliar as habilidades necesarias para o desempeño do traballo. Entre os exercicios previstos figuran a progresión en altura, o despregamento de mangueiras e as intervencións en espazos confinados.

O proceso completarase coa proba de lingua galega, un test psicotécnico e a valoración dos méritos das persoas candidatas, incluída a experiencia profesional en servizos de emerxencias.

Reforzo do servizo de emerxencias

O Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo conta actualmente con 120 efectivos. A incorporación das 37 persoas seleccionadas permitirá reforzar os cadros de persoal dos seis parques e cubrir tanto as vacantes existentes como as novas prazas creadas.

Este proceso selectivo enmárcase nas medidas de reforzo do servizo e da súa capacidade de resposta ante incendios e outras emerxencias na provincia.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here